publicidade hoxe

Medio Rural aposta polo desenvolvemento de novas tecnoloxías para a mellora da produción gandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Visita da conselleira a unha explotación en Palas de Rei

Visita da conselleira a unha explotación en Palas de Rei

A Consellería do Medio Rural aposta pola innovación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías para mellora de produción, aforro enerxético e benestar animal nas explotacións gandeiras en xeral e do sector lácteo en particular.

Así se puxo de manifesto este mediodía con motivo da visita da titular deste departamento, Ángeles Vázquez, a unha explotación leiteira no concello lugués de Palas de Rei, que realizou un investimento de algo máis de 840.000 euros –cunha subvención do 30% a través do plan Leader– para mellorar a súa produción. Fíxoo a través do deseño e construción dunhas modernas instalacións para o aloxamento dos animais, a mellora do seu benestar e tamén para facilitar o seu manexo, co fin de optimizar a eficiencia no traballo e a súa sustentabilidade tanto dende o punto de vista económico como enerxético e medioambiental.

Neste acto a conselleira destacou que co apoio a este tipo de iniciativas a Xunta fai efectivo o seu compromiso coa mellora do tecido produtivo agrongandeiro de Galicia. Reiterou tamén que o lácteo ten para o Goberno galego a consideración de sector estratéxico e reafirmou o seu compromiso a prol do seu desenvolvemento, confiando no seu futuro, que –dixo– pasa en gran medida polo incremento do valor engadido do produto a través da constante mellora tecnolóxica.

A explotación visitada hoxe por Ángeles Vázquez é propiedade de Gavieiro e Hijos S.L. Sitúase no lugar de Castro-Mosteiro, en Palas de Rei, e conta cun censo de 172 reprodutoras maiores de 24 meses, 45 xovencas de entre 6 e 24 meses e 23 tenreiros menores de 6 meses, todos eles de raza frisona.

26 de outubro de 2015 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.