Martiño Noriega e Concha Fernández reúnense con Cáritas para tratar os proxectos da entidade en Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Noriega na xuntanza con Cáritas

Noriega na xuntanza con Cáritas

Foi unha xuntanza inicial entre tres representantes de Cáritas coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, na que se trataron os proxectos que a entidade ten na cidade, como o Centro de Día de Carretas, cuxa licencia está en tramitación.

Ademais Cáritas transmitiulle ao Concello a súa idea de crear empresas de inserción laboral que se encarguen de sacar a persoas da exclusión social. O proxecto que teñen previsto sacar adiante en novembro está vencellado coa roupa e consistirá nunha empresa do sector textil que recollerá os sobrantes das prendas para reutilizalas, mentres que a roupa que non se poida usar se destruirá de forma ecolóxica.

Martiño Noriega valorou moi positivamente esta xuntanza e mostrouse moi interesado por estes proxectos de Cáritas desenvolve na cidade.

6 de outubro de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.