Marisol Díaz mantén un encontro institucional co subdelegado do Goberno na provincia de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Marisol Díaz na reunión con Roberto Castro

Marisol Díaz na reunión con Roberto Castro

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe unha xuntanza co subdelegado do Goberno, Roberto Castro. Este encontro enmárcase dentro da xira de visitas que está a realizar aos principais representantes das institucións ourensás como nova responsable do Goberno galego na provincia.

Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e púxose de manifesto o propósito de seguir mantendo unha boa liña de colaboración entre ambas as dúas administracións para traballar de xeito coordinado polo futuro da provincia. Marisol Díaz incidiu nas “vantaxes da colaboración e do diálogo entre as distintas institucións, xa que aunando esforzos pódense levar a cabo un maior número de actuacións que benefician directamente aos cidadáns.”

20 de outubro de 2015 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.