Marcelino Agís faise co X Premio de Ensaio Manuel Murguía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O xurado da décima edición do Premio de Ensaio Manuel Murguía, convocado pola Deputación da Coruña, decidiu premiar a obra “Historia do pensamento galego contemporáneo” do profesor Marcelino Agís Villaverde.

O xurado composto por Rosario Sarmiento, Purificación Galán Boutureira e Gonzalo de la Huerga Fidalgo, con Elisardo López Varela como comisario, destacou da obra gañadora o ser un percorrido ameno, preciso e ben documentado polos distintos movementos filosóficos da contemporaneidade así como das principais figuras do pensamento filosófico galego.

Diego Conde Gómez con “Canto val una vaca?. Da cuestión agraria á cuestión pecuaria en Galicia” e Sabela Taboada González con “A idea da nación española: Liberais vs. Absolutistas na prensa galega da guerra da independencia (1808-1814)” son os anteriores gañadores deste certame da Deputación da Coruña que se convocou por vez primeira en 1998.

O gañador, Marcelino Agís Villaverde, é profesor da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago.

1 de outubro de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.