Manuel Dios recibe a 18 profesores asiáticos que participarán nos cursos internacionais da USC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Manuel Dios con profesores asiáticos

Manuel Dios con profesores asiáticos

Os participantes son expertos en linguas hispánicas e en asuntos exteriores e veñen de 4 países. O Concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibiu no Salón Nobre do Concello a 18 profesores universitarios que están estes días en Compostela para participar dos cursos internacionais que ofrece a Universidade de Santiago.

Trátase de expertos en asuntos exteriores e hispanistas procedentes de catro países asiáticos, concretamente Japón (Osaka, Tokio e Kobe), India (Nueva Delhi), Corea do Sur e Vietnam. Manuel Dios deulles a benvida á cidade e invitounos a “respirar Santiago, a gozar das súas rúas e da gastronomía local” ao tempo que lembraba que se trata dunha cidade “de encontros e de finalización dun camiño milenario”.

Algúns dos participantes dos cursos, que pasarán uns días na cidade, volverán a Santiago acompañados dos seus alumnos das distintas universidades.

21 de outubro de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.