Máis de 4.000 corredores estarán presentes na Carreira Pedestre Popular de Santiago
O último domingo de outubro é un día moi cobizado polos corredores populares galegos, celébrase a Carreira Pedestre Popular de Santiago; unha cita ineludible para toda aquel que se prece de facer atletismo.
A carreira tradicional de 12 quilómetros vai xuntar a 4.098 atletas, entre os que estarán algunhas das figuras da Sociedade Ximnástica, Robertas Geralavicius e Fran Iglesias; son os máis destacados e chegan á capital galega algo curtos de preparación, xa que o seu momento óptimo está posto para máis adiante. Hai que mencionar a Rubén Diz, que leva todo o ano en branco por culpa dunha lesión e tentará probarse polas rúas compostelás.
Ás 10 da mañá darase a saída, non é tan cedo como parece xa que é o día do cambio de hora, atrasásense unha hora os reloxos.











