publicidade hoxe

Máis de 150 profesionais asistiron aos sete encontros territoriais de Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoPontedeume
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presidiu no día de hoxe os dous últimos Encontros territoriais de información xuvenil celebrados nos Espazos Xoves de Carballo e Pontedeume. Estes encontros enmárcanse nas reunións que a Dirección Xeral está a manter cos concelleiros de Xuventude e os profesionais da Rede Galega de información xuvenil co obxectivo de facilitar a participación activa e o intercambio de experiencias entre os diferentes axentes que traballan de xeito directo coa xuventude galega. No mes de outubro celebráronse en total sete encontros que contaron coa participación de máis de 150 profesionais da Rede Galega de Información Xuvenil e que, ademais dos celebrados hoxe, tiveron lugar nos Espazos Xoves de Curtis, Noia e Ourense e nas Delegacións Territoriais de Lugo e Vigo.

No marco deste foro, a directora xeral destacou que “Galicia foi a primeira comunidade que lle facilitou aos técnicos da información xuvenil a posibilidade de obter un certificado de profesionalidade, a través de procedementos de recoñecemento das competencias e da experiencia adquirida”. Neste sentido, Galicia foi pioneira en por en marcha tres procedementos de recoñecemento de competencias profesionais en información xuvenil a través da acreditación das súas competencias, adquiridas pola súa experiencia laboral e/ou pola formación obtida a través da educación non formal.

Deste xeito, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, está a renovar as políticas autonómicas para a mocidade. A xestión da Xunta de Galicia baséase en programas pioneiros en todo o Estado desenvoltos nos últimos anos e que se sustentan na utilización da educación non formal como método de adquisición de novas habilidades e competencias.

Rede galega de Información Xuvenil

A Rede Galega de información xuvenil está composta por por 248 Oficinas Municipais de Información Xuvenil, 69 Puntos de Información Xuvenil e 12 Espazos Xoves dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, emprazadas en Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Chantada, Vilalba, Viveiro, Lalín, Tui, Vilagarcía e Ourense.

Este ano os Encontros xiran en torno a cinco temáticas: o programa de Garantía xuvenil, Correspondentes xuvenís, Educación non formal, Galeuropa e Iniciativas Xove.

28 de outubro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.