Luz verde a cinco proxectos de Infraestruturas en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A última hora desta mañá, a Xunta de Goberno Local celebrou unha sesión extraordinaria e urxente para aprobar cinco asuntos relativos á Concellería de Infraestruturas.

Tres deles foron as aprobacións das memorias de tres proxectos que asumirá a Xunta de Galicia a través da entidade pública Augas de Galicia. O Concello asume o compromiso de por a disposición da administración hidráulica os terreos e auga necesarios para a normal execución das obras. 

A primeira das memorias aprobadas foi a valorada para ampliación da rede de abastecemento na rúa dos Limoeiros, cun monto total de 29.010,65 euros, que será sufragado por Augas de Galicia, asumindo o Concello o compromiso de poñer a disposición os terreos e caudal precisos, así como o compromiso de asumir a explotación, mantemento e conservación das obras unha vez finalizadas. 

A segunda das memorias aprobadas foi a valorada para mellora na rede de abastecemento na rúa da Laxa (As Curuxeiras), cun monto total de 47.814,43, que será sufragado pola entidade pública Augas de Galicia. O Concello comprométese a poñer a disposición os terreos e caudal precisos, así como o compromiso de asumir a explotación, mantemento e conservación das obras unha vez finalizadas. 

A terceira das memorias aprobadas foi a valorada para ampliación da rede de abastecemento ao núcleo da Costa, en Cudeiro, cun monto total de 42.670,25 euros, que será sufragado pola entidade pública Augas de Galicia. O Concello comprométese a poñer a disposición os terreos e caudal precisos, así como o compromiso de asumir a explotación, mantemento e conservación das obras unha vez finalizadas. 

Tamén se aprobou na Xunta de Goberno Local o Plan de Seguridade e Saúde da obra relativa á mellora de infraestruturas urbanas e urbanización na rúa da Murga, en Ourense, elaborado pola mercantil Proyecon-Galicia S.A.

O quinto asunto que se aprobou nesta sesión foi o proxecto de realización de acometida de saneamento para o edificio Solaina, na avenida Pardo de Cela. Este proxecto conta cun orzamento total de 48.285,55 euros

22 de outubro de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.