Lugo únese á conmemoración do Día Internacional contra o Cancro de Mama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Actos Día contra o Cancro de Mama en Lugo

Actos Día contra o Cancro de Mama en Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros da corporación, participaron este luns na Praza Maior nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama, organizados na capital lucense pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o grupo El Progreso, coa colaboración do Concello.

Lara Méndez colaborou na construción dun grande lazo composto por rosas de cor rosa, símbolo de loita contra esta enfermidade que ten unha incidencia anual en España de máis de 25.000 casos. O acto comezou coa lectura dun manifesto a cargo dunha afectada por esta doenza que afecta a unha de cada oito mulleres 

O Concello tamén se sumou aos actos deste día coa colocación dun gran lazo rosa no balcón da Casa Consistorial. 

19 de outubro de 2015 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.