publicidade hoxe

Lousame investirá 16.000 euros na reparación do camiño entre a aldea de Zaramagoso e o límite con Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, asistiu esta mañá á acta de replanteo das obras de reparación do camiño entre a aldea de Zaramagoso, na parroquia de Fruíme, e o límite co Concello de Boiro. Trátase dun tramo de 1,1 quilómetros de lonxitude no que se investirán 15.699,69 euros financiados a través do Plan de Aforro e Investimento PAI 2015 da Deputación da Coruña.

As obras consisten nunha mellora da capa de rodaxe deste camiño, de 1.100 metros de longo e 4,5 metros de ancho, con tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla a apertura de gabiar, limpeza de salvagabias e colocación de canalizacións e unha taxea para a correcta drenaxe da zona.

8 de outubro de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.