Lete Lasa recibe ao piloto de Trial e campión de España nas categorías base Gabriel Marcelli

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, recibiu hoxe ao deportista Gabriel Marcelli, que vén de quedar primeiro na proba do Campionato de España de Trial celebrado en Baiona, logo de sufrir, tan só un mes antes, un terrible accidente na localidade de Teo.

Na recepción celebrada hoxe no concello do Rosal, e na que estivo acompañado do seu pai, o representante da Administración autonómica felicitou ao deportista e, sobre todo, destacou ou seu esforzo e espírito de superación tendo en conta o grave accidente sufrido.

Aos seus quince anos, Marcelli xa sabe o que é proclamarse Campión de España en todas as categorías polas que pasou, desde que en 2012 conseguise o seu primeiro título nacional en xuvenís, en 2013 repetise título e, en 2014, pasase a gañar a categoría de cadetes.

Na actualidade e a falta dunha proba do Campionato de España, que se celebrará en Barcelona o próximo 15 de novembro, Gabriel podería proclamarse por cuarta vez, Campión de España.

30 de outubro de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.