Lalín solidarízase con SOS Sahara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Reunión con SOS Sahara

Reunión con SOS Sahara

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o tenente de alcalde, Nicolás González Casares, recibiron hoxe a Pablo Romeu, coordinador local do colectivo Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, quen lles transmitiu a dramática situación que se está a vivir nos campamentos de refuxiados, debido ás fortes chuvias dos últimos días que causaron graves inundacións e provocaron enormes danos materiais. A zona foi declarada catastrófica polas organizacións internacionais e calcúlase que son máis de 25.000 os afectados polo desastre. Neste senso, a necesidade urxente de axuda para paliar o desabastecemento alimentario e material nos campamentos, así como para proceder á reconstrución de hospitais e edificios sociais, provocou a posta en marcha por parte do colectivo dunha campaña de recollida de doacións solidaria, á cal, dende o Concello se lle pretende dar a maior difusión. Deste xeito, pídese a máxima colaboración da cidadanía, mediante a posta en contacto coa asociación no número 986 26 26 37

28 de outubro de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.