Lalín presenta o proxecto Local Accesible

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Presentación do proxecto

Presentación do proxecto

Membros de Working Wheels presentaron o proxecto Local Accesible, para recoñecer e distinguir a aqueles locais que cumpran a normativa en materia de accesibilidade e nos que as persoas con mobilidade reducida xa se poden desenvolver con total autonomía. Os membros de Working Wheels poñerán unha pegatina identificativa naqueles locais que xa estean reformados para cumprir a normativa ou nos que se faga uso dunha rampa de quita e pon para salvar as barreiras arquitectónicas.

Con esta iniciativa tamén se pretende dar visibilidade ás persoas con discapacidade e favorecer a adopción de medidas que axuden a mellorar a súa calidade de vida. O concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares -que os acompañou na rolda de prensa- reiterou o compromiso do Concello coa eliminación de barreiras arquitectónicas. Neste sentido estase a traballar na implantación da estratexia de desenvolvemento urbano sostible que inclúe a elaboración dunha auditoría e un plan de accesibilidade.

16 de outubro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.