Lalín acolle esta fin de semana a segunda edición do Rally de Regularidade Comarca do Deza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLalín
A-
A+
Presentación da cita deportiva

Presentación da cita deportiva

A Escudaría Lalín Deza presentou hoxe no Concello de Lalín a segunda edición do Rally de Regularidade Comarca do Deza. A proba, que percorrera uns 130 quilómetros por diferentes estradas da zona, contará coa presenza de 27 equipos, e terá carácter solidario, pois cada participante doará 2 kg de alimentos aos Servizos Sociais de Lalín. A saída terá lugar na rúa Rosalía de Castro o sábado ás 16.00 horas e finalizara na localidade de A Goleta, onde se entregarán os premios e se celebrará unha cea.

O tenente de alcalde e concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, agradeceu o traballo da escudaría na organización do rally e destacou “o beneficio que representa para Lalín este tipo de actividades”, xa que entre outras cousas, “fan que se achegue moita xente á vila”, indicou. Saúdos

15 de outubro de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.