José Luis Baltar considera unha chantaxe a denuncia presentada contra o seu fillo
O expresidente da Deputación de Ourense e pai do actual titular da institución, José Luis Baltar Pumar, manifestou este martes que cre “unha chantaxe” a denuncia presentada por unha muller que asegura que Manuel Baltar ofreceulle en 2010 un emprego a cambio de sexo.
En declaracións á Cadena Ser, Baltar Pumar subliñou que a denuncia non ten fundamento “ningún”. “Para min, ningún”, insistiu.
“Creo que será unha chantaxe, non creo ningunha outra cousa”, concluíu José Luis Baltar ao ser preguntado polo motivo que pode haber tras esta denuncia.
Sobre a muller que presentou a denuncia contra o seu fillo, que o relevou á fronte do PP de Ourense e da Deputación de Ourense, José Luis Baltar comentou que “de vista” cre que a coñece.











