publicidade hoxe

Jacobo Ríos presenta en Ordes ‘El inmenso mar de los olvidados’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Co gallo do Día das Bibliotecas, que terá lugar o vindeiro sábado 24 de outubro, a biblioteca municipal de Ordes acollerá mañá xoves a presentación do libro ‘El inmenso mar de los olvidados’, de José Jacobo Ríos. Un acto que terá lugar no mesmo centro e que contará coa presenza do autor, natural de Ordes.

Por outra banda o vindeiro venres, 23 de outubro, terá lugar o contacontos ‘O soño do rato’ a partir das 18.30 horas. Ese mesmo día tamén se expoñerán as obras cedidas polo Ministerio de Cultura con motivo da concesión do último premio María Moliner á biblioteca de Ordes. Unha ampla colección que supera o centenar de referencias, a cal abrangue libros destinados a todo tipo de público. 

21 de outubro de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.