publicidade hoxe

Institutos de secundaria de Carballo, Boiro e Brión participan na III Semana Europea da Programación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoiroBriónCarballo
A-
A+

Tres institutos de ensino secundario da provincia da Coruña participan nas actividades da III Semana Europea da Programación- CodeWeek, unha iniciativa impulsada pola Comisión Europea e que na provincia coruñesa está organizada pola Deputación en colaboración coa Universidade da Coruña.

Na nosa provincia participarán alumnos dos IES Isidro Parga Pondal (Carballo, 16 de outubro), A Cachada (Boiro, 14 de outubro) e Brión (15 de outubro). A idea fundamental desta iniciativa é amosar a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos como poden facer realidade as súas ideas a través da programación informática, ao tempo que se divulga esta disciplina entre o alumnado e se motiva aos rapaces a interesarse por un sector profesional en auxe, que xa forma parte dos programas educativos de secundaria de doce países europeos e que xerará 825.000 postos de traballo en 2020, segundo as estimacións da Comisión Europea.

Mediante actividades formativas e divertidas, mozos e mozas destes tres institutos coruñeses aprenderán novas competencias e habilidades tecnolóxicas mediante talleres de programación de videoxogos e aplicacións para dispositivos móbiles, ademais de potenciar a súa creatividade e o pensamento lóxico.

O ciclo rematará o xoves 15 de outubro ás 17.00 horas cun acto na Facultade de Informática do Campus de Elviña da UDC, que constará dunha conferencia a cargo do programador Pablo Espeso baixo o título “Programar es divertido: Scratch como excusa para enseñar a pensar de forma original” e unha exhibición de robots Nao, que mostrarán os froitos da súa aprendizaxe e de robots da First Lego League de Galicia.

13 de outubro de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.