publicidade hoxe

Inacio Vilariño protagonizará a actividade de dinamización lingüística no centro cultural de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Centro Cultural de Ponte Caldelas acollerá o vindeiro venres 30 de outubro un contacontos para maiores de 16 anos protagonizado polo humorista Inacio Vilariño, dentro do programa de dinamización lingüística Fala Redes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Contos en Rede, que é o título desta actividade de dinamización lingüística, pretende fomentar o uso falado do idioma galego a través de microespectáculos destas características que percorren diversos concellos da xeografía da Comunidade Autónoma.

Inacio Vilariño, propón nesta xira “asumir o labor de redescubrir ao demo”, tras comprobar nos circuítos realizados con anterioridade que esta é unha figura completamente descoñecida para os rapaces e as novas xeracións. O demo será, pois, o fío condutor nas intervencións do contador lalinense, quen se servirá do romance portugués e a alteración da tradición para traelos ata hoxe.

Con esta iniciativa lúdico-lingüística o Concello de Ponte Caldelas colabora coa Xunta no seu compromiso de impulsar políticas de normalización lingüística coas que está implicado o novo equipo de goberno municipal ao tempo que se ofrece ao público en xeral un espectáculo entretido para a tarde do venres 30 de outubro.

28 de outubro de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.