Gran comezo da actividades do Grupo Scout ILEX

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Participantes e monitores

Participantes e monitores

O campamento “Academia de Exploradores” que se desenvolveu en rematou con gran satisfacción de participantes polas actividades que desenvolveron e dos monitores/as pola voa disposición e entrega amosada polos cativos/as despois de dous días de convivencia e diversión. Apenas leva uns meses constituída a asociación Grupo Scout ILEX e xa deu comezo a súas actividades cun campamento de fin de semana, entre o 10 e 11 de outubro, no que nosas intrépidas e intrépidos participantes tiveron ocasión de experimentar algunhas propias da metodoloxía scout na que paseniñamente se van a seguir iniciando a través das actividades semanais que desenvolveremos todos os sábados, entre as 10.30 e as 13.00 h no Espazo Xove (Casa da Xuventude) e que darán comezo todos os sábados a partires do vindeiro 24 de outubro.

Un total de 26 nenas e nenos, de entre 8 e 13 anos, tomaron parte neste primeiro campamento, acompañados por un experimentado equipo de 10 monitores e monitoras, no Albergue Vilar de Ordelles que o Concello de Esgos cedeu xenerosamente para o desenvolvemento da actividade, unha valiosa axuda á que hai que sumar a subvención recibida ao abeiro do programa de axudas á mocidade da Xunta de Galicia chamado “Iniciativa Xove”.

Nosos exploradores recoñeceron o terreo chegando ata San Pedro de Rocas e gozaron cunha gran variedade de xogos e dinámicas, e mesmo cearon unha rica cea feita ás brasas do lume na que tamén participaron. Este é un sinal do método scout, no que se busca a implicación dos rapaces e rapazas na vida dos campamentos que deben de corresponsabilizarse en tarefas como limpar, fregar a louza, montar a súas tendas de campaña, ou mesmo participar nas labores de cociña.

Tanto os nenos e nenas como os monitores e monitoras quedamos encantados con esta formidable experiencia de convivencia e aprendizaxe e con gañas de máis!.

13 de outubro de 2015 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.