González Formoso e Consuelo Madrigal clausuraron o Curso de Verán do Ministerio Fiscal
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a Fiscal Xeral do Estado, Consuelo Madrigal, clausuraron esta tarde no Pazo de Mariñán unha nova edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, que durante os últimos catro días reuniu no pazo bergondés a fiscais e xuristas de todo o país para debater arredor da reforma do Código Penal.
Na súa intervención, González Formoso destacou a longa traxectoria de colaboración da Deputación da Coruña co Ministerio Fiscal na organización destas xornadas e manifestou o seu desexo de que estas sigan no futuro.
O acto contou tamén coa asistencia do director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín, e do fiscal xefe da sala do ontencioso-administrativo do Tribunal Supremo, Pedro Crespo Barquero.











