publicidade hoxe

Gondomar únese ao programa de Garantía Xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Programa de Garantía Xuvenil, é unha iniciativa da Unión Europea que ten como obxectivo que os mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que non estean cursando estudos, nin teñan formación ocupacional, nin un emprego poidan recibir a través deste programa unha oferta de emprego, un período de prácticas, unha formación de aprendiz nunha empresa ou un curso nun centro de ensinanza.

Trátase de darlles a oportunidade de que adquiran unha formación, competencias e experiencias necesarias para aumentar as posibilidades de atopar un emprego.

Para darte de alta neste programa de Garantía Xuvenil tes que pasarte polas oficinas habilitadas para darte información e orientación sobre o programa, axudarte a inscribirte e asesorarte na cumplimentación da inscrición e no proceso. A Oficina  habilitada no Val Miñor e a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar. Os interesados deben chamar para pedir cita ou información  no 986.369.746

5 de outubro de 2015 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.