publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Gondomar acolle un curso de prevención de riscos laborais en explotación agrogandeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Concellería de Formación, Emprego e Dinamización Económica do Concello de Gondomar, e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral (ISSGA), organizan un curso gratuito sobre prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras cuio obxectivo é a prevención dos riscos laborais inherentes a esta actividade de xeito que se adquira una cultura preventiva que aporte seguridade no desempeño do traballo e diminúa os accidentes laborais nestes sectores.

Esta acción formativa vai dirixida a persoas ocupadas ou desempregadas no sector agrogandeiro, tendo que acreditar a súa relación laboral coa actividade agroforestal; ademáis deberá ter o seu enderezo particular en certos concellos do sur da provincia.

O curso ten una duración de 22 horas e será impartido entre o 9 e o 13 de novembro sendo a parte teórica (2 días) nas dependencias do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar en horario de 15:00 a 20:00h. e a parte práctica (3 días) en áreas agroforestais da zona.

O curso está cofinaciado polo ISSGA, a Xunta de Galicia e o Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente.

15 de outubro de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.