Firma de autógrafos dos capitáns celestes Augusto e Cabral na Cervecería Estrella Galicia
Este martes 27 de outubro entre as 19:00 e as 20:00 horas terá lugar un acto de firma de autógrafos aos afeccionados por parte dos capitáns do Real Club Celta, Augusto Fernández e Gustavo Cabral.
Trátase dunha acción aberta ao público a través da que tanto o club como un dos seus principais patrocinadores, Estrella Galicia, perseguen fomentar o contacto e o achegamento entre equipo e afección, agradecendo así o gran apoio que está a recibir o Celta por parte da bancada esta tempada.











