publicidade hoxe

Finalizan as obras de mellora nos viais e beirarrúas da área industrial do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Mellora dos viais

Mellora dos viais

Os reponsables municipais do concello do Carballiño comunicaron o remate da obra dos viais na área industrial. Un proxecto demandado polos profesioanis das dúas áreas industriais, Polígono e Parque Empresarial, e que constaba como prioritaria na axenda do edil de Obras Francisco Fumega. Esta obra foi executada a traveso da subvención da consellería de Industria para a mellora de parques empresariais.

O proxecto consistiu en defini-lo trazado e características do acondicionamento e mellora da circulación rodada dos viais de acceso e dos viais interiores do polígono industrial e parque empresarial da Uceira, coa conseguinte reposición e remodelación das calzadas existentes, así como de tramos de beirarrúas deterioradas, e canalización de augas pluviais en dúas zonas de acceso, na procura de mellorar os accesos e a comunicación a través da rede viaria de titularidade municipal. 

Fumega sinalaba que “é imprescindible dotar de boas infraestructuras os nosos empresarios, xa que eles son unha parte moi importante da economía local, e por elo debemos apoiar as súas peticións e mostrar una zona insdustrial que atraiga a máis empresas a nosa vila”. 

A zona de actuación comprendeu unha lonxitude de 420 m no vial de acceso oeste, de anchura 5m, e outro tramo de 35 m por 6,5m de ancho, con superficie de 2.327,5 m2; 50 m na rúa lateral que entronca no vial de acceso sur, de ancho 5m, con superficie de 250 m2; e 197,5 m2 na calzada da rotonda norte, máis 65,6 m2 de beirarrúa nesta zona. 

O orzamento invertido nesta obra asecendeu a cantidade de 129.101 euros, e foi rematada esta mesme semana, cumprindo os prazos marcados para a súa execución que era dun mes.

27 de outubro de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.