publicidade hoxe

Festa do Samaín en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Asociación de Mulleres “ARELA”, en colaboración coas Concellerías de Festexos e Cultura, organiza un ano mais a festa de Samain. O evento terá lugar mañá sábado 31 de outubro no local social de Campelo, a partir das 17 horas.

Todos os nenos e nenas do concello, que queirán participar, disfrutarán dunha tarde chea de diversións: xogos, maquillaxe, audiovisuais e moitos, moitos sustos, que culminará coa, xa tradicional, “CORREDORIA DO TERROR”, que nesta ocasión e tendo en conta o éxito de edicións anteriores amplia percorrido, comezando na Praza da Granxa seguindo por Rúa Pedro Soto Couselo, Camiño Regueiriño, Camiño Esqueiriños, Banda do Río e Rúa Padre Avelino para rematar novamente na Praza da Granxa.

É imprescindible vir disfrazados e ter moitas ganas de paso ben, pois a diversión e as sorpresas están garantidas.

30 de outubro de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.