publicidade hoxe

Éxito da Xornada informativa para productores locais de Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+
Éxito da xornada informativa

Éxito da xornada informativa

Éxito da Xornada Informativa para os Produtores Locais que se celebrou este martes 6 de outubro na Casa do Concello de Boqueixón. Contouse coa intervención do Subdirector Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, un enxeñeiro técnico da Oficina Agraria Comarcal de Santiago  e o alcalde de Boqueixón.

Aclaráronse as dúbidas sobre o novo Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final, faláronse das dificultades que se atopan os produtores na súa labor, formularios e impresos de interese, axilización de trámites, sinalización de explotacións con fins comerciais, etc. Todos estos aspectos enténdense dentro  dun Plan de fomento e apoio ó sector agrario, que o concello de Boqueixón está comezando a  desenvolver.

8 de outubro de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.