Ethel Vázquez avanza que este ano iniciarase a promoción comercial do solo da Plisan

Ethel Vázquez na clausura da xornada
A conselleira de Infraestrutura e Vivenda, Ethel Vázquez, asegurou hoxe que o obxectivo da Xunta é comezar coa venda de parcelas o vindeiro ano na Plataforma Industrial Salvaterra-As Neves (PLISAN), en condicións vantaxosas para favorecer a instalación de empresas xa en 2017. Ethel Vázquez fixo estas manifestacións no transcurso da clausura da xornada anual da Asociación Española de Promoción do Transporte Marítimo de Corta Distancia, SPC Spain.
Ethel Vázquez non quixo esquecer o importante traballo da Xunta está a levar a cabo no desenvolvemento das 6 plataformas loxísticas que existen en Galicia e que supoñen preto de 5 millóns de m2 de novas áreas loxísticas intermodais. Aínda que quixo destacar a Plataforma Industrial Salvaterra-As Neves (PLISAN), pola especial transcendencia que ten para o Porto de Vigo, pola súa situación, proximidade e porque facilitará a actividade e os tráficos ao porto; dotará de solo loxístico e industrial a provincia de Pontevedra; e facilitará a actividade económica en toda Galicia.
Así mesmo, lembrou que onte a Xunta, Porto de Vigo e Zona franca iniciáron as obras de urbanización da primeira fase dos seus sistemas xerais. Estes traballos supoñen un investimento de 13,5 M €, aos que se sumarán novas actuacións, como a licitación da estación depuradora de augas residuais e a estación de tratamento de auga potable, co fin de garantir o correcto abastecemento e saneamento ás empresas que se instalen na zona. Así mesmo.
Para o Executivo autonómico esta infraestrutura é imprescindible, xa que dotará a Galicia dunha plataforma que permita incrementar o músculo industrial galego e crear máis riqueza, xa que a situación xeográfica, unida á malla de conexións interiores e exteriores e ás áreas loxísticas intermodais fan de Galicia un lugar con grandes oportunidades: tanto para potenciar o transporte marítimo de curta distancia como un modo de transporte de mercadorías sustentable e alternativo ao convencional; para lograr que os portos galegos se erixan en verdadeiros nodos loxísticos multimodais, propiciando novas posibilidades de crecemento económico e comercial.
Transporte marítimo de corta distancia
No transcurso do seu discurso, Ethel Vázquez subliñou a importancia do transporte marítimo de corta distancia, posto que representa unha alternativa de transporte sostible e con grandes vantaxes, xa que favorece a desconxestión das infraestruturas viarias, ao permitir o paso de mercancías da estrada ao mar, o que se traduce, tamén, nun incremento da seguridade vial.
Ademais, tamén destacou que este tipo de transporte diminúe o impacto ambiental, ao reducirse o consumo de enerxía e a emisión de CO² á atmosfera, grazas á posibilidade de transferir camións desde as estradas ao mar.
Vázquez remarcou que Galicia é unha comunidade con moito potencial neste eido, xa que ten unha situación xeográfica estratéxica que fai que os portos galegos se convertan en plataformas de intercambio natural con Europa e tamén na porta principal de entrada de Latinoamérica.
Así mesmo, a Comunidade autónoma ten boas conexións, que vertebran o interior do territorio e que permiten unha boa comunicación cara ao exterior da Comunidade, en comunicación terrestre, os tres aeroportos; e ferroviaria, onde, no ano 2018, Galicia estará conectada con Madrid en menos de tres horas.











