Escolares do CEIP de Piñeiros visitaron as dependencias do Concello de Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+
Visita dos escolares

Visita dos escolares

Uns cincuenta alumnos de terceiro e cuarto curso de Primaria do colexio de Piñeiros visitaron esta mañá o Concello de Narón. Acompañados polos integrantes do equipo de Seguridade Vial de Narón, Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, chegaron ao Consistorio en bicicleta e despois foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, e pola concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, no salón de plenos.

Os rapaces preguntáronlle a Blanco por varios asuntos relacionados coa vida política local e algunhas obras que se están executando no termo municipal. Foron varios os escolares que se interesaron ante o rexedor polos anteriores alcaldes que tivo Narón, por cómo se pode chegar ao cargo e qué supón a nivel persoal.

Rematada a recepción no salón de plenos os rapaces e rapazas visitaron outras dependencias municipais, entre elas o arquivo.

28 de outubro de 2015 | 20:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.