Entradas desde 15 euros para o encontro Rio Natura Monbus Obradoiro – Retabet.es GBC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro – Retabet.es GBC, que se xogará o sábado 7 de novembro ás 20.00 horas en Sar (non televisado), xa ten á venda as súas entradas. Tras a cita deste fin de semana na Fonteta coa Valencia Basket (sábado 31 – 20.00 horas), os de Moncho Fernández centraranse en volver facer vibrar aos seus afeccionados, tan importantes nas dúas vitorias conseguidas até o momento.

O prezo xeral dos pases é de 19 euros en Fondos e Tribunas 2, 25 en Tribunas 1, e 29 en Tribunas Retráctiles.

De novo, existirán Prezo Reducidos para menores de 18 anos, estudantes menores de 25, parados de longa duración (máis de 6 meses), federados do ámbito do baloncesto e maiores de 65 anos. En todos eses casos, o importe das entradas será de 15 euros en Fondos e Tribunas 2 ou 19 en Tribunas 1.

As entradas pódense comprar desde xa mesmo mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou en oficinas, con horario de apertura de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Por outra banda, será o último encontro no que os Amigos da Fundación Heracles poidan retirar as súas dúas invitacións correspondentes, así como o último encontro no que os non abonados poderán descontar o prezo da súa entrada en caso de abonarse despois do partido e presentar a mesma en oficinas. 

26 de outubro de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.