Eliximos Narón pide ao Goberno a mellora dos edificios públicos
Eliximos Narón presentou unha moción para o pleno de Narón co obxectivo de solicitar o desenrolo dun plan para mellorar a habilitación cara á atención á veciñanza e a accesibilidade locais públicos dependentes do concello, comezando pola casa consistorial, a desenrolar en varias fases, arrincando por aquilo que resulte mais fácil de solucionar, e tratando que ter en conta a opinión dos usuarios mais afectados como poden ser os minusválidos.
Na moción facemos un repaso por:
· A falta de aparcadoiros para minusválidos no entorno do Concello e a praza de Galicia (Auditorio, Biblioteca, etc. ).
· As dificultades de acceso a praza de Galicia e ao concello dende ela en cadeira de rodas.
· Do impedimento do acceso libre dende a praza de Galicia ao concello en horario de atención o público.
· Da falta dunha sala de espera no primeiro piso, onde habitualmente xuntase moita xente para facer distintas xestións fronte o concello.
· Da falta xeral de aseos adaptados a minusválidos e persoas con mobilidade reducida.
· Da falta de adaptación de partes do espazo interior e do equipamento para o acceso de empregados con cadeira de rodas.
· Da imposibilidade de acceder á sétima planta salvo polas escaleiras.
Dende o goberno estase a pretender resolver os grandes problemas de mobilidade e accesibilidade do concello sen se preocupar das pequenas partes, que as veces son moito mais importantes, e para as que non fai falta contratar un estudo, basta con querer ser observador e preguntar os que nos rodean.











