Eliximos Narón denuncia sobre prezos nos orzamentos das obras do POS 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

Como xa denunciamos onte no pleno o concello está a pagar sobreprezos polas obras e traballos no concello. Estase a pagar ata 3 veces o custo normal por traballos técnicos, como ocorreu co recen paralizado proxecto da reitoral de Pedroso por incumprimento da normativa e cuxa factura chegou os 72.000 euros para unha obra de 360.000, e dicir, o 20% do valor da obra.

Noutros concellos os traballos técnicos como os do POS fannos os propios funcionarios do concello, e en Narón, aínda por riba de pagar sobre prezos, presentan bastantes deficiencias e erros, que no caso das obras do POS-2016 roldan os 8000 euros. Ademais dos erros, aparecen unhas voces de “imprevistos”, que non figuran nos orzamentos do POS doutros concellos, e que de 300 en 300 supoñen outros 8.300 euros.

Pero a cousa non remata aí, as contas soen ir con medio metro mais de ancho que a estrada e que, multiplicado polo largo das mesmas, sonche moitos metros cadrados contabilizados de mais. Ademais, seguimos a sumar sobre prezos porque os custes unitarios de cada concepto son mais altos que noutros proxectos do contorno e que nas bases de datos da construción.

Como resultado unhas valoracións con orzamentos incrementados por riba dun 40% mais na maioría dos casos, así que poderíamos estar a falar de mais de 160.000 euros de sobre prezos.

Aínda que, á hora de licitar, os prezos tendan a baixar algo dende logo non cremos que o faga nun 40 % e, por tanto, estaremos a pagar sobre custos moi importantes. Mentres tanto, xa de comezo, estamos a contratar un 40% menos de obras en termos de custo.

Esta denuncia feita por Eliximos Narón na xunta de portavoces e no pleno de onte, e a vista da votación, non lles preocupa aos partidos do goberno.

30 de outubro de 2015 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.