Dous grupos do CEIP A Xunqueira 2 farán o roteiro para educación infantil o luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O luns 19 de outubro farán o roteiro para educación infantil 40 alumnos/as de 5 anos do CEIP A Xunqueira 2. Sairán da praza da Peregrina repartidos en 2 grupos: ás 9.45 e ás 11.45 horas.

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer este roteiro para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de 4 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade empregando o xogo. A actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

16 de outubro de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.