Distintos colectivos de Lugo visitarán Pontevedra para coñecer o modelo de cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Un grupo de representantes de distintos colectivos da cidade de Lugo visitan mañá Pontevedra para coñecer o seu modelo, dado que consideran que pode ser aplicable á cidade. Chegarán á cidade e manterán unha reunión previa na Casa da Luz de 10 a 12 horas. Nese tempo estarán co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará, así como con técnicos municipais e responsabeis da Policía que lles exporán as medidas adoptadas en Pontevedra.

A partir das 12.30 horas visitarán a cidade.

Están confirmados a presenza de:

• Federación de asociacións de veciños, colectivo que agrupa a unhas 200 asociacións da provincia de Lugo.

• UNAVE: Federación de asociacións veciñais do concello de Lugo.

• Masa Crítica: Grupo que promove unha mobilidade sostible, especialmente co uso da bicicleta.

• Lugo Monumental: Asociación de hostalería da zona do casco histórico.

• Lugo Centrum: Asociación de comerciantes da zona centro de Lugo.

• ADEGA.

• AC Lusco Fusco: Asociación cultural de Lugo.

• Federación Lucense de Comercio.

• Membros do BNG, PP, C´s e IU.

Estes colectivos consideran que é o momento de decidir cara que tipo de cidade ten que crecer Lugo.

26 de outubro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.