Diego Quintela foi convocado coa Selección para os amigables ante Macedonia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O seleccionador nacional Venancio López decidiu contar co xogador Diego Quintela para os amigables que a Selección Nacional disputará vindeira semana ante Macedonia nas localidades de Cáceres e Plasencia.

Quintela, de 24 anos, regresa a unha convocatoria da Absoluta tras o excelente arranque ligueiro no que asinou 6 tantos, un en cada partido e o dobrete no último encontro ante El Pozo Murcia.

O xogador concentrarase coa Selección o vindeiro domingo 18. Os amistosos xogaranse o luns e o martes, e o pívot regresará a tempo co conxunto santiagués para preparar o encontro da 7ª xornada ante CD UMA Antequera.

13 de outubro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.