Diego Quintela, capitán e goleador do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O pívot Arzúa, que comezou a tempada marcando un dos mellores rexistros goleadores do Santiago Futsal nos últimos anos, desmárcase como un dos máximos goleadores da Liga, ao sumar xa 9 goles no seu marcador persoal habendo anotado, polo menos, un gol por partido nas primeiras 7 xornadas de Liga.

Portando o brazalete de capitán e exercendo de líder no plantel celeste, Quintela tamén lidera no aspecto ofensivo do Santiago Futsal, ao anotar, non só un gol en cada un dos 7 partidos disputados, senón senllos dobretes ante El Pozo Murcia (2-2) e FC Barcelona (4-2).

Só dous xogadores da competición igualan os números do 23 celeste: Juanqui (Peñíscola Rehab Medic) con 9 goles; e Andresito (Aspil Vidal Ribeira Navarra) con 7. Contra este último, capitán tamén do seu equipo, enfrontarase o pívot coruñés este sábado no encontro que enfronta a navarros e galegos na 8ª xornada de Liga no Municipal de Tudela (18.30h), no que seguro será un dos partidos máis emocionantes e atractivos dos últimos vividos entre ambos os conxuntos.

29 de outubro de 2015 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.