publicidade hoxe

Desfile de moda no Auditorio Municipal de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia acolle este domingo a IV Edición do Desfile de Moda da nova tempada Outono-Inverno organizado pola Asociación de Comerciantes de Ribadumia en colaboración co Concello de Ribadumia.

Nesta edición os asistentes tamén poderán disfrutar coa actuación de ESCUADRA 17 de teatro.

O desfile terá lugar este domingo no Auditorio Municipal Santa Baia de Ribadumia a partir das 17:00 horas e as entradas véndense en taquilla o mesmo día a partir das 16:00 horas ata completar aforo. O recadado irá destinado a fins benéficos. 

Por todo iso, dende o Concello de Ribadumia convídase a todos os veciños a disfrutar da moda este domingo e a colaborar cos comerciantes do municipio. 

9 de outubro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.