Declaración de condolencia e loito oficial do Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes quere manifestar publicamente a súa consternación ante o pasamento do voceiro do BNG Ramiro Recouso Liste, falecido no día de hoxe. Lamentamos a perda do que é un dos referentes políticos locais máis importantes dos últimos anos, o cal sobresaíu pola defensa dos seus ideais e principios dun xeito íntegro, sincero e democrático. Todo o noso apoio e ánimo aos familiares, amigos, achegados, así como a membros, militantes e simpatizantes do BNG neste duro momento.

Coa ansia de recoñecerlle o mérito e a débeda que este municipio ten coa súa persoa e co labor desenvolvido en prol dos seus veciños e veciñas o Concello de Ordes declara dous días de loito oficial, que rematarán ás 24 horas de mañá, 30 de outubro. A dita decisión comporta tamén que as bandeiras ondeen a media hasta con crespón negro en todos os edificios municipais, e a suspensión de todos os actos públicos previstos.

29 de outubro de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.