Darío Campos asegura que terá conformado o goberno da Deputación de Lugo o luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, anunciou este xoves que terá o goberno provincial conformado o vindeiro luns. Dúas semanas despois da moción de censura apoiada por PSOE e BNG para desaloxar ao PP da presidencia da institución provincial, Campos anunciou, antes de inaugurar un congreso sobre estatística que se celebra no Pazo Provincial de San Marcos, que o luns terá o goberno perfilado.

“O goberno, se non hai novidade, o luns convocarémosvos para comunicárvolo pola mañá”, adiantou aos xornalistas. Respecto diso, xustificou a demora en que se está buscando a persoa ideal para cada área”. “Estamos a mirar de reestruturar algunha área para o bo funcionamento das mesmas”, apostilou.

Ante as esixencias do BNG de non entrar a formar parte dunha xunta de goberno con imputados, que no PSOE son tres -os alcaldes de Becerreá, Pol e a alcaldesa de Viveiro-, Campos explicou que se está acabando de rematar esas negociacións”. “En principio o luns estará formada a comisión de goberno para porse a traballar ao día seguinte”, subliñou.

Campos reiterou que os 13 deputados provinciais, once do PSOE e dous do BNG, integraranse nese goberno provincial, “salvo que non queiran, van estar todos porque todos forman parte do equipo de goberno obviamente”.

ORGANIGRAMA

O presidente provincial precisou que o organigrama do goberno non se debaterá no pleno do próximo martes, senón que se terá que convocar outra sesión de organización.

Sobre a entrada no goberno do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, vetado no seu día polo BNG e que no pleno do 24 de xuño votándose a si mesmo e logo en branco, propiciou a entrada no executivo provincial dos populares, limitouse a afirmar: “Iso espero”.

Unha das condicións de Martínez, tras renunciar a presidir a Deputación de Lugo, pasa por ser o responsable de Vías e Obras, delegación que xa levara na pasada lexislatura.

22 de outubro de 2015 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.