publicidade hoxe

Curso de intelixencia emocional en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Esta é unha proposta novidosa pola que aposta as concellarias de benestar social e mocidade incorporandoa ó programa de actividades que comezaba a latexar a primeiros de outubro. Esta actividade aínda non arrincou polo que as familias que lles poda interesar están a tempo de facer a inscrición.

Os obxectivos xerais do programa son: adquirir habilidades para percibir, identificar e expresar axeitadamente as emocións. Potenciar a confianza e a autoestima. Desenvolver extratexias para un bo desenvolvemento persoal e escolar. Aprender das diferenzas e resolver conflictos. Potenciar a empatía e a compaixon cara os demáis….

É unha actividade dirixida a alumnado entre 7 e 16 anos de idade. Propóñense dous grupos de traballo diferenciado . De 7 a 12 anos traballarase habilidades sociais básicas, manexo emocional, empatía e asertividad, incrementar a atención con técnicas de Mindfulness…. xestionar a ansiedade e os nervios… No grupo de 12 a 16 anos os contidos específicos serán a resolución de confilctos, a valoración dun mesmo a través de coñecer as propias fortalezas e debilidades. Utilizar as emocións para unha vida persoal e de estudio equilibrada. Canalizar os sentimentos impulsivos e emocións conflictivas. Desenvolver a agudeza sensorial e a actitude positiva para unha amior creatividade… incrementar a capacidade de concentrarse…

O programa se completa con espazos adicados á estimulación cognitiva e desenvolvemento do inxenio e aula de estudo.

Os-as participantes recibirán un dossier de exercios para reforzar nas suas propias casas con propostas de traballo tamén para os pais-nais, xa que a implicación das familias é fundamental para ir acadando éxitos neste programa.

As sesións serán con carácter semanal . O prezo de participación 30 € mensuais con material incluido e formación para pais…se algún dos pais está no paro a cuota redúcese a metade e tamén no caso de que participen varios irmáns.

20 de outubro de 2015 | 11:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.