Cuíña reúnese cos alcaldes do Barco e Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Cuíña na reunión cos rexedores do Barco e Monforte

Cuíña na reunión cos rexedores do Barco e Monforte

Encontro a tres bandas no Castro Tecnolóxico do alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, o do Barco, Alfredo García, e o de Monforte, José Tomé Roca. Os tres rexedores acordaron avanzar nas accións conxuntas para poñer en valor e potenciar o Camiño de Inverno como elemento dinamizador do turismo, a cultura e o patrimonio nas tres localidades.

Os alcaldes iniciarán contactos coa Xunta para que, dentro das súas competencias, tamén a administración autonómica colabore no recoñecemento e mellora desta ruta xacobea, unha das máis descoñecidas e, polo tanto, tamén unha das que que pode rexistrar unha maior progresión de visitantes frente a outros camiños máis utilizados por peregrinos. Cuíña, Tomé e García teñen clara cal é a folla de ruta a seguir nos próximos meses. As necesidades máis urxentes pasan por delimitar e acondicionar o Camiño de Inverno para facelo máis accesible e atractivo para os visitantes, ao tempo que se mellora a súa sinalización. Por outra banda, os alcaldes acordaron promocionar esta ruta en futuros eventos turísticos que poidan servir para proxectar a súa imaxe tanto no ámbito galego como no exterior como un máis dos Camiños a Santiago.

9 de outubro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.