Cuíña reúnese coa presidenta de AJE en Pontevedra

Cuíña na reunión coa presidenta de AJE Pontevedra
O alcalde de Lalín mantivo un encontro coa presidenta de AJE en Pontevedra, que estivo acompañada por membros da AED. Rafael Cuíña e Lucía Pedrosa falaron sobre as posibles fórmulas de colaboración que se poden establecer entre a administración local e a asociación de empresarios, co obxectivo de propiciar o asentamento de novas empresas e favorecer o traballo dos emprendedores.
Con este obxectivo, AJE ten previsto enviar 2 técnicos para axudar na elaboración de plans de viabilidade para emprendedores no concello de Lalín e no resto da comarca. Tamén colaborarán na activación do Viveiro de Empresas, en canto se produza a súa apertura.











