publicidade hoxe

Cores Tourís visita as instalacións da empresa reciclados plásticos da Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Cores Tourís na Cañiza

Cores Tourís na Cañiza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a empresa Reciclados Plásticos da Cañiza para coñecer as súas novas instalacións, en compaña do alcalde da localidade, Miguel Adolfo Domínguez.

Nesta visita, o delegado territorial estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial.

Segundo informou o xerente da firma, Guillermo Salgado, ao delegado territorial e ao alcalde da Cañiza, o investimento total da nova nave, de 7.000 metros cadrados, foi de 1,2 millóns de euros, destinando a maquinaria máis de 450.000 euros a maiores.

“A nosa nova planta destínase á valorización de residuos plásticos provenientes da industria e dos sistemas de selección de residuos urbanos, tanto de Ecoembes como doutras plantas non adscritas ao sistema”, engadiu Salgado Martínez. Na actualidade prodúcense 4.500 toneladas anuais de plástico reutilizado, e o obxectivo da firma é poder chegar a producir 10.000 toneladas de plástico reciclado ao ano nos seus primeiros cinco anos de vida.

O delegado territorial destacou a gran importancia da posta en marcha de empresas como Reciclados Plásticos A Cañiza, “xa que é un valor engadido que sexa unha empresa con alto contido medioambiental, comprometida co seu entorno e que poida xestionar calquera residuo plástico, xa sexa industrial o de post consumo”. Tamén destacou o valor engadido que supón que esta empresa traballe co reciclaxe solidario, a través da recollida de tapóns de plástico que serven para afrontar economicamente tratamentos e intervencións de patoloxías complicadas e raras.

Esta firma recicla todo tipo de plásticos ou polímeros. “Estamos a falar dun dos materiais máis complexos de reciclar debido a gran diversidade de plásticos existentes. Para que sexa efectivo, o proceso de reciclaxe necesita unha boa clasificación”, engadiu pola súa banda o xerente da empresa, explicando que unha vez clasificado, os materiais son fundidos e pasan por uns filtros onde quedan os restos dos residuos que conteñen. Posteriormente se lles elimina a auga e se envía as fábricas que os reutilizan. “O noso obxectivo é conseguir un reciclaxe real e efectivo, conseguindo unha utilización máis racional das materias primas e evitando un impacto ecolóxico”.

Reciclados Plásticos A Cañiza

José Manuel Cores Tourís aproveitou a visita á empresa Reciclados Plásticos para comprobar as melloras executadas no polígono no que se atopa asentada, o do Antigo Mercado de A Cañiza.

Nesta área empresarial leváronse a cabo beirarrúas e instaláronse servizos grazas á colaboración económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, xa que o concello acolleuse este ano a orde de axudas da Consellería de Economía e Industria que permite mellorar a competitividade dos parques empresariais de Galicia.

“Grazas a colaboración da Xunta a anterior corporación deste concello puxo en marcha este proxecto que supuxo construción destas novas beirarrúas, ao longo de 400 metros lineais, así como a instalación de novos servizos para as empresas instaladas neste área, facilitando así a instalación de novas firmas neste polígono e mellorando a súa seguridade viaria”, explicou o delegado territorial, quen asegurou que o aportado pola Xunta para este proxecto supuxo o 80% do total. Deste xeito, ademais das beirarrúas tamén se instalaron pluviais e se levou a cabo a acometida eléctrica e a tubaxe de abastecemento e saneamento

O delegado territorial trasladoulle ao alcalde da localidade que o obxectivo da Xunta é seguir a colaborar coas administracións locais, primando unha xestión compartida que posibilita unha redución de gastos nas arcas municipais, facilitando a xeración de postos de traballo e o incremento da competitividade do tecido empresarial.

29 de outubro de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.