Cores Tourís supervisa os traballos de rexeneración de pavimentos e sinalización horizontal no polígono Lalín 2000

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o polígono de Industrial Lalín 2000 para comprobar, en compaña do alcalde da localidade, Rafael Cuíña, as obras de rexeneración de pavimentos en sinais e sinalización horizontal executadas grazas á colaboración económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Precisamente, nesta visita, o delegado territorial estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, así como polo portavoz do PP na localidade, Xosé Crespo.

Tal e como destacou Cores Tourís, o concello de Lalín acolleuse este ano a orde de axudas da Consellería de Economía e Industria que permite mellorar a competitividade dos parques empresariais de Galicia.

“Grazas a colaboración da Xunta a anterior corporación deste concello puxo en marcha este proxecto que supuxo a rexeneración de pavimentos en varios viais do polígono así como a instalación de nova sinalización horizontal o que permitiu mellorar a seguridade viaria deste área”, explicou o delegado territorial, quen asegurou que o aportado pola Xunta para este proxecto supuxo o 80% do total, 120.000 dos 150.000 euros.

“A orde á que se acolleu este concello permite axudar aos municipios á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais galegos”, explicou o delegado territorial, quen destacou que grazas a esta colaboración da administración autonómica, “estanse a impulsar actuacións en eidos diversos como o aforro e a eficiencia no gasto enerxético, a creación de novas plantas de depuración de augas, a xestión de residuos, as estradas ou a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia”.

O delegado territorial trasladoulle ao alcalde da localidade que o obxectivo da Xunta é seguir a colaborar coas administracións locais, primando unha xestión compartida que posibilita unha redución de gastos nas arcas municipais, facilitando a xeración de postos de traballo e o incremento da competitividade do tecido empresarial. “De feito, as axudas para a mellora de polígonos empresariais na nosa provincia foi de 721.000 euros, beneficiándose un total de 12 áreas situadas en outros tantos concellos”, engadiu.

Así mesmo, e para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permitirase o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas.

27 de outubro de 2015 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.