Contos con Miró na Biblioteca Municipal de Tui o mércores 18 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O próximo mércores, 18 de novembro, ás 18h a Biblioteca Pública de Tui organiza unha nova sesión de contacontos, esta vez da man da compañía Tarabelos. O contacontos céntrase na figura e na arte do pintor Joan Miró, polo que a narración virá acompañada da composición dun gran mural inspirado nos debuxos do célebre artista.

 A actividade é de balde e está orientada para un máximo de 25 nenos e nenas maiores de 6 anos. Debido ó axustado do aforo, para participar na actividade é necesaria a inscrición previa que pode facerse na propia biblioteca e por correo electrónico en biblioteca@concellotui.com, dende mañá sábado día 31 de outubro.

30 de outubro de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.