Continúa en Ourense a campaña “As compras na túa vila teñen premio”
A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Ourense e a Consellería de Economía e Industria continúan a desenvolver a campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, ten lugar en Ourense dende o pasado día 28 de setembro e ata o vindeiro venres, 9 de outubro. A iniciativa premiará con 4.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose cinco tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros.
Os consumidores de Ourense están a amosar un gran interese por esta campaña, presentando os seus tickets de compra na carpa situada na Rúa Paseo ou ás promotoras que se atopan polas rúas da cidade, quenes lles entregan boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o vindeiro venres, 9 de outubro, na mesma Praza Eugenio Montes, dentro dun final de campaña que contará cunha actuación de maxia para nenos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.
A campaña está a ser publicitada nos establecementos de Ourense, que contan con carteis e reparten entre os seus clientes trípticos informativos. A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio, Grupo Femxa e ABANCA. Este ano, desenrolarase en catro localidades galegas, entre elas Ourense.











