Contapintacontos en Beluso e obradoiro de ilustración con Luís Davila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Os nenos e nenas de entre 9 e 12 anos teñen os seus últimos días gozarán mañá dun para Obradoiro de Ilustración que impartirá Luis Davila ás 18 horas na biblioteca de Bueu.

Este obradoiro, no que o coñecido ilustrador do ‘Bichero’ falará da iniciación das técnicas do cómic nunha ou en varias viñetas, está enmarcado dentro da campaña de animación á lectura “Navegando entre libros” posta en marcha polo Concello de Bueu en colaboración coa Xunta de Galicia, e desenvolvida polo espazo infantil buenense Lobocoxo.

Ademais desta actividade ‘estrela’, ata o 15 de outubro continúan as actividades para animar aos máis pequen@s a ler e a compartir as súas vivencias lectoras coas bibliotecas da vila. Hoxe, mércores, ás 18 horas, a biblioteca de Beluso será escenario dunha sesión dunha hora de Contapintacontos a cargo de Olalla González e o ilustrador Marc Taeger de Lobocoxo, deixando paso o sábado á biblioteca de Cela, na que se celebrará esta mesma actividade ás 12 horas.

A campaña pecharase o 15 de outubro ás 18 horas na biblioteca de Bueu, na que se non chove se agardan novidades na actividade de Contapintacontos. Con esta actividade o que se consegue é unha mestura exemplar entre a lectura, a escoita e a pintura e a dinamización das bibliotecas como lugares de encontro.

7 de outubro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.