publicidade hoxe

Concerto coral e espectáculo teatral na fin de semana en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Este domingo en Laxe preséntanse actividade por duplicado. Por un lado, no salón de actos municipal ás 19 horas, terá lugar a representación da obra O país dos mandóns do grupo de teatro Ghazafelhos.

Unha obra para todos os públicos pensada especialmente para a infancia na que Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores… e no país dos Mandóns… O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio; Grazas a Clara, ese lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz.

Dende entón coñecese como; O País da Igualdade. 

Recreando unhas personaxes imaxinarias, fálannos de Flora e o seu secreto, da urna dos desexos e do País dos mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.

Fábula con final feliz que durará ao redor dos 45 minutos.

Pero este domingo tamén, a Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe viaxará ata Noia para actuar no Festival de Habaneras que terá lugar no Auditorio municipal a partir das 20 horas.

Grazas á colaboración e xestión compartida do Concello de Laxe coa Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, a Coral Polifónica Municipal, realizou outros concertos con anterioridade:

– Sábado 27 de xuño: en Valdoviño (Comarca de Ferrol).

– Sábado 11 de xullo: en Brión (Ferrol).

– Domingo 19 de xullo: no XIV Certame da Canción Mariñeira de Laxe.

E ten programado realizar outros 3 ata finais de ano:

– Sábado 31 de outubro: en Ourense.

– Sábado 14 de novembro: en Benavente.

– Sábado 12 de decembro: no XII Festival de Panxoliñas de Laxe.

22 de outubro de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.