Concentración silenciosa ante o Concello de Narón en repulsa dos últimos asasinatos por violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

Representantes políticos, funcionarios e persoal laboral do Concello secundaron este mediodía, á unha, unha concentración silenciosa en repulsa dos actos de violencia de xénero, cuxa última vítima en Galicia se rexistrou en Vigo. O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, encabezaron a concentración, xunto con varios edís da corporación local naronesa.

O pasado luns localizouse nunha vivenda da avenida Fragoso, en Vigo, o corpo dunha muller de 33 anos de nacionalidade portuguesa que supostamente morreu a causa dos golpes propinados pola súa parella, un varón tamén de nacionalidade portuguesa e de 55 anos. Trátase da cuarta muller asasinada nun acto de violencia de xénero en Galicia no 2015.

Na concentración gardouse un minuto de silencio en recordo da vítima e condenouse calquera acto de violencia de xénero, denunciando esta lacra social e recordando e lamentando tamén os outros tres supostos casos rexistrados nas últimas horas en Bizkaia, Murcia e Palencia

7 de outubro de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.