Concello de Tui e Levada Libre presentan o libro Faustino Rey Romero, de Xosé Ricardo Losada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O colectivo cultural e de opinión tudense Levada Libre organiza, en colaboración coa concellería de Cultura do Concello de Tui, a presentación do libro “Faustino Rey Romero – Un evanxeo bufo” (Edicións Xerais). O acto terá lugar este venres 16 de outubro, ás 20:30 h. na sala Félix Rodríguez da Área Panorámica de Tui.

Na presentación estará o autor, X. Ricardo Losada, escritor e filósofo rianxeiro. A súa obra está dedicada ó crego poeta, antifranquista, membro da Real Academia Galega, tudense de adopción e galego universal, D. Faustino Rey Romero (1921-1971).  X. Ricardo Losada falaranos do seu libro, onde mostra a fascinante personalidade de quen decidiu vivir para ser amado ou para ser odiado.

O autor, X. Ricardo Losada, descobre este segredo nunha obra na que se revelan a vida e obra de D. Faustino, dende una perspectiva nova e desconcertante. 

13 de outubro de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.