Concello de Pontevedra e Cespa ultiman os traballos de posta a punto dos cemiterios municipais cara o Día de Santos
O Concello comezou os traballos de posta a punto dos cemiterios cara o Día de Santos. Nestes días procédese a limpeza e desbroce dos camposantos e o seus contornos, ademais desde mañá implementarase o número de contedores co fin de que a xente poida retirar as plantas e flores e o lixo da limpeza e adecentamento dos nichos e panteóns, tareas habituais nas xornadas previas a Santos cando a tradición a renovación dos adornos florais en homenaxe e lembranza dos defuntos.
A partir de maña haberá oito contedores máis no cemiterio municipal de San Amaro, onde durante todo o ano hai tres; dous máis nos camposantos tamén públicos de Campañó, Bora e Ponte Sampaio, onde o normal é un; e tres máis no de Lourizán, onde hai dous. Estes reforzos loxísticos manteranse até a noite do domingo, 1 de novembro. Todos os contedores teñen 1.000 litros de capacidade. A posta a punto completarase colocación nos cinco cemiterios municipais de 500 ciclamenes e crisantemos para darlles vistosidade.
Cespa tamén reforzará nestas xornadas adicadas aos defuntos o servizo de recollida coa incorporación dun camión extra nos roteiros de retirada do lizo que pasan polos cemiterios. Pola súa parte as brigadas que pasan polos camposantos parroquiais bótanlle unha ollada especial por se hai desbordamento dos contedores habituais, que a experiencia amosa que sobran para atender as necesidades destas xornadas. Se fora o caso levaríanse máis contedores.











